3° Premio XIV Certamen de microrrelatos "Vai de mulleres" de Feiraco

Con mi obra "Galicia Nai" he sido galardonado con el 3° Premio en el XIV Certamen de Microrrelatos de Feiraco, dedicado siempre al autor/a homenajeado en las Letras Galegas, que en este caso era Begoña Caamaño. Por lo cual el certamen de este año era "Vai de mulleres" y la historia debía tener como protagonistas a mujeres y ocurrir en Galicia.

Después de la entrega de premios realizamos también una visita por las instalaciones de la fábrica de Galicia y, entre otras cosas, como premio nos regalaron un lote de productos de Feiraco que ya reposa en mi nevera.

A continuación os dejo mi micorrelato:

GALICIA NAI

Chamárona Galicia antes de ser terra e fogar, nacida entre a choiva, a néboa, as árbores e a salitre. Era unha muller camiñando entre montes que aínda non sabían que eran montes, entre ríos que buscaban o mar e faros que guiaban as almas perdidas. Unha figura abrumada ante a beleza do lugar que a rodeaba. 

Incapaz de conter a emoción, dos seus ollos brotaron bágoas e das mesmas brotarían as súas quince fillas. Fillas de pel húmida eforza inquebrantable. Medraron libres, buscando o seu propio camiño, procurando o horizonte.

Pero un día o ceo cambiou. Chegou unha sombra sen nome, unha forza escura e seca que quería arrebatar a Galicia as súas costas, endurecer os seus camiños, secar as súas fontes e calar as súas voces. Aquel inimigo alleo decatouse de que non había mellor forma de ferir o corazón de Galicia que arrebatarlle o seu ben máis prezado, as súas fillas. A sombra perseguiunas entre os camiños e os prados, entre os montes e as aldeas, baixo o sole as estrelas. Elas fuxían tecendo os seus propios destinos, berrando en forma de ondas, mentres as montañas tremían. Mais, incluso no fogar da fin do mundo, foron acurraladas polo seu implacable perseguidor.

Entón Galicia fixo o que faría calquera nai e, chea de amor, abrazou as súas temorosas fillas. Cos seus brazos, co seu corazón, con toda a súa alma. Chamou a cada unha polo seu nomementres o vento e o mar a escoitaban. E o mar, aflixido e compasivo ante aquela muller que o respectara desde a súa chegada, ergueuse e pronunciou unha palabra breve, antiga, chea devida que o cambiaría todo: ría. 

A primeira en fundirse foi Vigo, deixándose levar baixo o luscofusco. Logo Arousa, que seabriu como un surco fermoso cheo de illas. Muros bailou ata volverse curva. Noia fíxose líquida entre o seu sorriso silencioso. E así cada unha aceptou o seu destino, creando o seu propio camiño. Ata que as quince fillas de Galicia deixaron de ser simples mortais para converterse en fontes de vida eterna. 

Cando o inimigo chegou, xa non había mulleres que deter. Só quince rías abrazadas por unha nai feita terra que xa nunca as abandonaría, por unha nai que ningunha sombra podería capturar xamais: Galicia.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Una noche más. Finalista III Certamen Literario Cuzcurrita de Río Tirón

Selecionado en el XXIV Concurso de Cuentos Infantiles sin fronteras de Otxarkoaga

Ganador en el XVII Certamen Literario Esperanza Asuar