Miradas de esperanza. Finalista en el V Concurso de microrrelatos de Gadis (2024)
MIRADAS DE ESPERANZA Esperouno fóra, viña só, e ela necesitaba saír do túmulo. E apareceu. Só se viran dúas veces, ía ser a terceira cando chegoua a fatal noticia. Non recordaba o audio no que llo contou entre bágoas, só que cando el preguntou se quería que acudise, sen saber por que, dixera si. E aí estaba el, sen coñecer a ninguén, lonxe da casa. Mirouno aos ollos, soubo neles que estaba nervioso, soubo neles que seu pai, que agora nese túmulo ficaba, diría que ás veces un final tamén é un inicio. Igual que el soubo que a amaba o primeiro día.