Miradas de esperanza. Finalista en el V Concurso de microrrelatos de Gadis (2024)

 

MIRADAS DE ESPERANZA

Esperouno fóra, viña só, e ela necesitaba saír do túmulo. E apareceu. Só se viran dúas veces, ía ser a terceira cando chegoua a fatal noticia. Non recordaba o audio no que llo contou entre bágoas, só que cando el preguntou se quería que acudise, sen saber por que, dixera si. E aí estaba el, sen coñecer a ninguén, lonxe da casa. Mirouno aos ollos, soubo neles que estaba nervioso, soubo neles que seu pai, que agora nese túmulo ficaba, diría que ás veces un final tamén é un inicio. Igual que el soubo que a amaba o primeiro día.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Una noche más. Finalista III Certamen Literario Cuzcurrita de Río Tirón

Selecionado en el XXIV Concurso de Cuentos Infantiles sin fronteras de Otxarkoaga

Ganador en el XVII Certamen Literario Esperanza Asuar